Propostas III: actividades de achegamento á literatura e expresión corporal.


ACTIVIDADES DE ACHEGAMENTO Á LITERATURA:

Seguro que moitos e moitas tedes de rutina ler un contiño antes de ir durmir, mais nestes días igual o podedes facer máis a miúdo. Pódese ler de maneira convencional, ou non, inventando tamén eles e elas a historia vendo as ilustracións.

Antes de ler o conto pódese crear expectación cunha canción, como pode ser Imos contar un conto, de Pablo Díaz. Deixámosvos aquí o enlace da canción-baile que fixeron os compañeiros/as do CPI Mondariz, por se queredes acompañala con xestos: 


https://www.youtube.com/watch?v=HumWwHZNPuo


E, despois de ler o conto poden:
  • Representalo con títeres e teatriños que podedes construír.
  • Dramatizalo, sendo eles e elas as personaxes.
  • Recitar algún xogo sonoro relacionado co conto.
  • Cantar unha canción relacionada co conto, se a ten, e senón poden inventala.
  • Imaxinar outro final.
  • Inventarlle outro título...

Tamén poden inventar historias. Para isto poden empregar: distintas personaxes que teñan pola casa (bonecos, títeres, debuxos, ou outro tipo de obxectos... A imaxinación non ten límites!) Poden ser útiles recursos para inventar historias como as técnicas de Gianni Rodari (o binomio fantástico, ensalada de fábulas, o erro creativo...), as cartas de Propp, ou os dados contacontos. No seguinte enlace explícanse estas técnicas:


Deixámosvos aquí o enlace a un contiño que elaborou o Colexio Oficial de Psicólogos/as de Madrid para explicarlles aos nenos e nenas o coronavirus: Rosa contra el coronavirus. Podedes lelo en liña ou descargalo en PDF:



Achegámosvos, tamén, o enlace a unha das entradas publicadas estes días no noso blog sobre como ler un libro ou ver unha película a través das Bibliotecas Públicas Galegas.




ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN CORPORAL:

- Xogo simbólico: podemos adoptar diferentes roles con disfraces, teas, nas cociñas, con materiais de médicos/as e enfermeiros/as... Tamén podemos disfrazarnos coa roupa dos/das demais, e incluso maquillarnos coa axuda dun espello!


- Dramatizacións: teatro de sombras, monicreques, títeres... Podemos elaborar o noso propio teatro de sombras cunha caixa de cartón e papel branco, e os nosos propios títeres con calcetíns, paus de xeados...




- Adiviñar películas, obxectos, animais, profesións... con mímica.

Resultado de imagen de JUEGOS DE MIMICA


A expresión corporal e a emoción están estreitamente relacionadas. Por iso, é moi importante que sempre, e especial estes días, prestemos atención á educación emocional dos pequenos e pequenas. Podemos partir de contos que eles coñecen do cole, como De que cor é un bico, O monstro das cores, ou Así é o meu corazón para crear situacións axeitadas onde expresen libremente os seus sentimentos.







Animámosvos a que realicedes estas actividades na casa, así coma outras que vós queirades e nolas enviedes mediante as canles de contacto coas escolas, que vos lembramos a continuación:

Comentarios