CÓMO LER UN LIBRO OU VER UNHA PELÍCULA

AS BIBLIOTECAS SEGUEN ABERTAS?

NON, xa sabedes que a situación actual fai que non podamos ir ás bibliotecas de xeito presencial, pero o que SI podemos facer, é aproveitar os recursos EN LIÑA que nos ofrecen as BIBLIOTECAS PÚBLICAS GALEGAS.
ESTE VIDEO EXPLICATIVO, indícavos os pasos a seguir:

 


Podedes atopar unha ampla selección de contidos, seguro que as nenas e os nenos vos farán moitas suxerencias, do que lles gustaría ver ou recordar, xa que hai moitos contos e cancións que xa coñecen das actividades que se desenvolveron nas aulas. Logo de ver os contos ou escoitar as cancións, seguro que falarán das experiencias da aula que relacionan con eses contidos.


Podedes descargar os contidos en formato PDF, ou facer lectura en liña, non sendo necesario a súa descarga nos vosos dispositivos: ordenador, tableta...



 Como realizar o préstamo
Unha vez que localices no catálogo unha obra do teu interese, preme sobre o título para acceder á súa ficha detallada. Nela tamén atoparás información sobre a súa dispoñibilidade, con diferentes opcións:
  • Dispoñibilidade inmediata: Podes proceder nese momento a realizar o préstamo e iniciar a lectura do libro ou visionado da película premendo o botón “Prestar” que aparece xunto a cada un deles. Estes quedarán automaticamente prestados ao teu nome e poderás gozar da súa lectura durante un total de 21 días, ou do visionado durante 48 horas.
  • Dispoñibilidade baixo reserva: A obra non está dispoñible porque está prestada a outra persoa. Neste caso ofrécese a opción de reservala para cando estea dispoñible. Cando quede libre, recibirás unha mensaxe no teu correo electrónico.
  • Non dispoñible para o préstamo:
    Poida que alcanzases o número máximo de préstamos (dous libros e unha película).

Comentarios