CRA DE VALGA

CRA DE VALGA

martes, 11 de septiembre de 2018

BENVIDOS Ó NOVO CURSO!!


Dende o C.R.A. de Valga dámosvos a BENVIDA ó curso 2018-2019. Como cada curso, comezamos o PERÍODO DE ADAPTACIÓN cun conto de educación emocional, neste caso o elixido leva por título "ASÍ É O MEU CORAZÓN" de BRUÑO (CUBILETE).



EN................ 3, 2, 1..... DESPEGAMOS!!!


jueves, 21 de junio de 2018

GRADUACIÓN E FESTA FIN DE CURSO!

Hoxe celebramos, coma todos os anos, a festa de fin de curso na Sede do C.R.A. en Campaña. A mañá comezou coa entrega de medallas ós nenos de 6º de Infantil, que se despiden de nós para comezar o vindeiro ano a etapa de Primaria no CEIP Plurilingüe Baño-Xanza e no CEP Plurilingüe Ferro Couselo. Noraboa e boa sorte a todos!!!!!









Feita a entrega de medallas, comezamos con diferentes obradoiros (baile, circuito psicomotriz, búsqueda da bandeira, inchables...) nos que o pasamos moi ben.













Finalmente, disfrutamos dunha rica merenda no patio todos xuntos!





O Equipo de Profesorado do C.R.A. de Valga desexámosvos felices vacacións!!!!

lunes, 18 de junio de 2018

EXCURSIÓN FIN DE CURSO!!

O pasado venres,  foi un día moi especial e esperado, xa que fixemos a nosa excursión de fin de curso!! E aproveitando a temática do proxecto anual que levamos a cabo no C.R.A. "AS VIAXES", empregamos dous medios de transporte: o tren e o catamarán!!

Deste modo, collemos o TREN na estación de Pontecesures con destino a Vilagarcía de Arousa. Para algúns nenos/as era a primeira vez que ían en él! A todos nos gustou moito esta viaxe!!
Unha vez en Vilagarcía, fomos camiñando ata o CINE , para ver a película de ICE AGE 4!!


 
A seguinte parada que fixemos foi xa para comer, polo que nos acercamos a un merendeiro próximo ó cine.
Logo da comida, tivemos un pouco de tempo libre que o aproveitamos para xogar nun parque súper divertido!!
 
 

 
 
E xa por último, acercámonos ó porto de Vilagarcía para coller o catamarán que nos traería de volta ó porto de Cesures onde esperaban as familias dos nosos nenos/as.