HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA?

Con motivo da conmemoración do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, xuntámonos todas as escolas do CRA no Auditorio de Valga, para reivindicar unha vez máis a igualdade de xénero e a eliminación de calquera tipo de violencia. Foi unha xornada na que bailamos, visualizamos cortos relacionados con dita conmemoración, asistimos a dramatización do conto "hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?", representado polo profesorado, elaboramos un atrapasonos no que deixamos reflexados os nosos desexos e por último disfrutamos da obra de Mircromina Títeres, co espectáculo "cousas de casa", que pon o seu énfase na reincorporación da muller ó mundo laboral despois de ser nai e a corresponsabilidade do pai nos coidados do novo membro da familia e labores do fogar. Esta última actividade, está coordinada pola ANPA Pequeval e financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade.

















Comentarios