CLAUSURA DE BIBLIOTECA


Está a piques de rematar o curso e a nosa Biblio pecha as portas ata o ano que vén pero a despedida foi toda unha delicia. 

 A Biblio é un sentimento, unha actitude . Da man da fantástica e inxeniosa Raquel Queizás, empregamos o entorno que nos rodea e enchemos a tarde de contos, música, bailes e moitas risas de grandes e pequenos.  

Pepa,  a nosa mascota de biblio marcha de vacacións e con ela os martes de conto, que tantas alegrías nos deron este curso. Gracias a todas as familias e ás nosas pequenas/os do CRA que forman a nosa familia educativa e que acolleron a biblio e todas as súas propostas cos brazos abertos de par en par. 


Ata prontiño Pepa, ata prontiño  benquerida BiblioteCRA! 🥰

Comentarios