III FestiVALGA Eurovisión 2022!

Un ano máis xa está connosco o III FestiVALGA 2022!

Aberto a calquera persoa ou grupo de persoas, pertencentes ou non á nosa Comunidade Educativa.

Só tes que elixir e representar unha canción que formase parte da historia de Eurovisión, Eurojunior ou da preselección do Benidorm Fest.

Mándanos o teu vídeo por WhatsApp ao móbil de cada escola, ou ao 605484141

Os vídeos serán publicados nas nosas redes sociais para que poidades exercer o voto popular. O xurado profesional estará composto por representantes da Comunidade Educativa do CRA de Valga.

O prazo de participación ábrese o 29 de abril coincidindo co Día Internacional da Danza e finaliza o 10 de maio, na Semana do Día de Europa e do Festival de Eurovisión.

Os gañadores/as serán anunciados nunha gran Gala Final. Recibirán un trofeo e moitos agasallos!

Certame organizado polo CRA de Valga coa colaboración do @concellodevalga




Comentarios