GRAN INAUGURACIÓN DA BIBLIOTE-CRA DE VALGA

 


Con esta imaxe nos anunciaba hai uns días a nosa mascota,  a inauguración da Bibliote-CRA .
E chegou o día, cos nervios e a ilusión de quen se embarca nunha nova aventura. 




Hoxe, 15 de Marzo de 2022,  foi un día sinalado. 

Con grande alegría,  cortamos o lazo morado que abría por primeira vez as portas da nosa Bibliote-CRA. Esta que hoxe inauguramos con tanto agarimo e que agardamos nos dea moitas alegrías e bos momentos ao longo deste curso (e agardamos que moitos vindeiros).

As madriñas e padriños de honra foron TODAS E CADA UNHA das persoas que dan sentido a esta Biblio:  profesorado, familias e, moi especialmente, o alumnado de tódalas escolas que compoñen o CRA de Valga . 

Todos/as as asistentes, carné de usuario en man, entraron cos ollos cheos de curiosidade e ilusión. 


Como non podía ser doutro xeito, a música, as palmas e as risas foron  protagonistas nesta tarde festiva e conquistaron cada recuncho.  

Paco Papán e o recén estreado préstamos de libros (que ata agora só se facía nas escolas), fixeron as delicias de grandes e pequenas nas dúas quendas nas que, dada a gran asistencia, para garantir seguridade e comodidade, organizamos a tarde. 




Gracias infinitas a tódalas persoas asistentes, a todas aquelas que asistirán e a todas e cada unha das persoas que forman parte da comunidade educativa do noso CRA

Imos aló!

 Longa vida á nosa Bibliote-CRA!



Comentarios