XONADA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

“Algún día seremos as historias que contamos” di Paula Carballeira. Nós queremos contarvos a nosa, daquel 20 de Novembro que asistimos á Xornada das Bibliotecas Escolares. 


Segundo Pep Bruno “La vida es un cuento”. Nós onte tivemos a sorte de escoitar “de viva voz ” varios deses relatos breves da vida , cargados de saber,  da man de narrador@s que levan a cabo, en centros de toda Galicia, unha labor admirable e onde a  a Biblioteca Escolar  e a palabra son a clave.

 Ver as súas experiencias foi, para nós, unha “fábula”cargada de significado e de inspiración. 

Ademais, desfrutar de profesionais do ámbito como Carlos Scolari, Susana Pedreira, Pep Bruno e Paula Carballeira  conseguiu  que viñeramos cos petos cheos, como “Hansel e Gretel”….,pero non se frangullas de pan,como no conto, senon de palabras. Centos delas. Cargadas de significado. 

Esperamos ir deixándoas caer paseniñamente e con xeito para seguir o camiño que nos leve a facer da nosa Biblioteca ese lugar máxico, vivo e transformador que merece ser .  




Comentarios