"A igualdade é a alma da liberdade; pois non existe liberdade sen ela".  E, en cada unha das nosas escolas, día tras día, queremos educar persoas libres, con iguais oportunidades, rachando con estereotipos, con prexuízos. 

Hoxe, 25 de Novembro, os Equipos de Convivencia e Igualdade e Biblioteca do CRA de Valga quixeron conmemorar este día compartindo coas nosas familias pequenos xestos cos que todas e todos podemos poñer o noso gran de area para Educar en Igualdade

Porque ás nosas nenas e nenos non queremos que lles rouben nunca o sorriso, coma no conto que compartimos estes días nas escolas: Pepuka e o monstro que lle levou o seu sorriso. Queremos que sexan sempre quen elas e eles queiran ser. 


25 de novembro de 2021

CRA de Valga

Educando en Igualdade





Comentarios