A BIBLIOTECA, ALMA DA NOSA ESCOLA

Calquera biblioteca que se precie alberga aventuras, risas, emoción, intriga.... e toneladas de saber.

Pero non só é iso, é moito máis. Cando nun centro, como no noso caso, non se emprega método editorial, tamén é piar fundamental, guía, fonte de información e consulta e puro descubrimento para levar a cabo calquera proxecto de investigación.

Por iso, dende recén iniciado o curso, e incluso antes de que rematase o anterior, vimos buscando o xeito de mellorar a nosa biblioteca de centro e o seu funcionamento a tódolos niveis,  consultando materiais, buscando información, rebuscando nos recursos que temos na biblioteca ou tomando nota daqueles dos que carecemos e dos que precisamos facer acopio para poder facer chegar aos verdadeiros destinatarios o mellor que poidamos ofrecerlles. 

E así inician as aventuras para nós, como docentes, detrás do telón,  consultando os libros e materiais que chegarán ás aulas para os verdadeir@s protagonistas e destinatari@s do goce de buscar, consultar, contrastar e descubrir.... @s nen@s das nosas 6 escolas. O alumnado do CRA de Valga. 



Comentarios