FESTIVALGA EUROVISIÓN 2021!

 Comeza a II Edición do concurso máis agardado: O FESTIVALGA EUROVISIÓN 2021!


A participación está aberta a todo o público (alumnado e familias do C.R.A. e doutros centros educativos, veciñanza do Concello de Valga ou doutros Concellos, etc.). Podes participar de forma individual e/ou grupal. Só tes que elixir unha canción que participara no Festival de Eurovisión ou Eurojunior e subir o teu vídeo a PADLET representándoa. Tamén podes votar as túas actuacións favoritas (televoto!). O gañador ou gañadora decidirase a fin de semana da final real de Eurovisión, co resultado do televoto e do voto do xurado profesional conformado por profesorado do C.R.A. de Valga.

ACCESO A PADLET: https://padlet.com/cradevalga/itxpzzcpwixg7dd7 👈preme para participar e/ou votar.


CONVIDÁMOSVOS A PASAR UN RATO DIVERTIDO CONNOSCO!




Comentarios