MATRÍCULA CURSO 2021-22

 

      

Proceso de Admisión e Formalización de Matrícula para o curso 2021-22

 

O día 11 de xaneiro dará comezo o proceso de admisión de alumnado para o curso escolar 2021-22.

Establécense os seguintes prazos:

 

Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

Reserva de praza para o centro adscrito

(Alumnado do CRA que vai para o CEIP de Baño ou CEP Ferro Couselo ).

Modelo de solicitude ED550A

Do 1 ao 20 de Marzo

Prazo de presentación solicitudes de admisión (Alumnado novo que pretenda vir ao CRA de Valga)

Modelo de solicitude ED550B

Antes do 25 de Abril

Publicación de listaxes provisionais (Admitidos e non admitidos)

Antes do 15 de Maio

Publicación das listaxes definitivas (Admitidos e non admitidos)

Do 20 ao 30 de Xuño

Formalización de matrícula.

  


 
 
Os/as alumnos/as que desexen matricularse presentarán os seguintes documentos:
  • Impreso de solicitude de admisión para novo alumnado ED550B (descargar aquí ou facilitado nas escolas do CRA).
  • 3 fotos de carnet.
  • Fotocopia do libro de familia
  • DNI alumna/o (se o ten).
  • Certificado médico de vacinación e de non padecer ningunha enfermidade infectocontaxiosa. (Non é necesario que sexa en papel oficial).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a. 
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, no seu caso.  



PRAZO DE SOLICITUDES: Do 1 ao 20 de MARZO na sede do C.R.A. (Escola de Campaña) no seguinte horario


                         Luns a Venres de 9:00 a 14:00
                 Martes de 15:00 a 18:00
 

- Sempre que sexa posible pedir cita previa nos tlfs: 886151724 / 695791020 para evitar aglomeracións.
- As persoas interesadas accederán ao centro con máscara. (Só accederá unha persoa por solicitude). 
- Poden presentar a solicitude tamén de forma telemática mediante a aplicación ADMISIONALUMNADO.


Para calquera dúbida ou consulta, contactádenos nos teléfonos: 886151724 / 695791020 ou no enderezo: cra.valga@edu.xunta.gal 

ENLACES DE INTERESE:
FORMULARIO DE ADMISIÓN: descargar aquí
APLICACIÓN PARA REALIZAR O TRÁMITE: ADMISIÓNALUMNADO
LEXISLACIÓN POLA QUE SE REGULA O PROCESO:  
  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 RECORDADE: 

SOLICITUDES MATRÍCULA NO CRA DE VALGA PARA ALUMNADO NACIDO NO ANO 2018 DO 1 AO 20 DE MARZO

Comentarios