ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID

     Durante as reunións informativas mantidas coas familias nas diferentes escolas do CRA de Valga o luns 7 de Setembro, demos a coñecer cales son as medidas, normas e planificación da actividade educativa para o curso escolar 2020-2021. Estas medidas foron consensuadas polo Claustro do CRA de Valga e informadas ao Consello escolar, polo que a súa posta en funcionamento conta coa aprobación de toda a comunidade educativa. Os documentos que se presentan a continuación pretenden establecer protocolos e plans adaptados a realidade diaria do noso centro. Deste xeito, e cunha realidade que muda case a diario, estes documentos son susceptibles de cambio. Por iso vos animamos a que acheguedes propostas para o seu estudio ao noso mail cra.valga@edu.xunta.gal. 

Un saúdo dende o CRA de Valga


Comentarios