A BIBLIOTECA ITINIRANTE DO C.R.A DE VALGA!


Velaquí unha pequena mostra daqueles contiños cos que conta a nosa biblioteca itinirante!! Queremos agradecer á ANPA Pequeval do CRA de Valga a iniciativa de crear unha biblioteca itinerante adquirindo contos infantís que buscan formar ao noso alumnado nos valores da coeducación, da igualdade e a prevención da violencia de xénero. A nova biblioteca conta con títulos como "Unha chea de familias", "Rosa caramelo", "Ni yo princesa, ni tú rana", "¿Las princesas usan botas de montaña?" ou "O libro dos porcos", entre outros moitos relatos, a través dos cales buscamos que os nosos nenos e nenas se divirtan coa lectura e á vez reflexionen sobre os valores da tolerancia, o respecto, a responsabilidade ou o compromiso social.

Comentarios