COMEZO DO CURSO 2020-2021 NO CRA DE VALGA

Estimadas familias:

 Dende o CRA de Valga recordámosvos que o día 10 de Setembro dará comezo a actividade lectiva no centro para o alumnado. Nos vindeiros días contactaremos persoalmente convosco para darvos unha maior información. Dende o centro estivemos a traballar nos espazos das diferentes escolas así coma nos protocolos para facermos do CRA de Valga unha contorna que aporte unha maior seguridade a toda a comunidade educativa. 

Para calquera dúbida podedes contactar connosco mediante o teléfono 886151724 ou en cra.valga@edu.xunta.es 

Vémonos pronto

 CRA de Valga

Comentarios