BECAS E AXUDAS ANEAE

Queridas familias:

O Ministerio de Educación e Formación Profesional vén de publicar as axudas e becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o vindeiro curso 2020-2021. O prazo remata o 30 de setembro e están destinadas ó alumnado que presenta unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións: 

  • Discapacidade.
  • Trastorno grave de conduta. 
  • Trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) 
  • Trastorno do espectro autista (TEA). 
  • Altas capacidades. 

O alumnado beneficiario que cumpra os requisitos recibirá becas ou servizos de apoio como axudas para os libros e material didáctico, reeducación pedagóxica e/ou reeducación da linguaxe en gabinetes ou organismos externos. 

ENLACES DE INTERESE:

Podedes consultar toda a información no novo PORTAL OFICIAL DO MINISTERIO.

Velaquí vos deixamos a CONVOCATORIA

Podedes realizar o trámite de forma telemática AQUÍ

Se precisades axuda ou asesoramento para cursar as solicitudes podedes contactar co CRA durante o mes de setembro:

  • Teléfono: 886151724
  • email: cra.valga@edu.xunta.gal


Un saúdo,

CRA de Valga .

 

 

 http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil/becas-ayudas-premios/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

 

Comentarios