VIDEOCLIP C.R.A. DE VALGA!!

Dende o C.R.A. de Valga levamos a cabo a iniciativa de facer un vídeoclip colaborativo entre todos os membros da nosa comunidade escolar, apoiándonos no videoclip do grupo Os d´Abaixo "VALXE". 

Débido as circunstancias excepcionais do estado de alarma provocado por esta pandemia, non puidemos acabar o curso como a nós nos gustaría, todos xuntos e cunha gran festa de despedida. Por iso decidimos facer algo especial e divertido!

E xa, podemos ensinarvos o seu resultado!! Agradecemos a participación a todas as familias e mestres/as que participaron enviando os seus vídeos. XUNTOS FORMAMOS UN GRAN EQUIPO

Esperamos que vos guste e disfrutedes moito del! ❤️❤️❤️



Comentarios

Publicar un comentario