FIN DE CURSO 2019/2020


OUTRO CURSO QUE CHEGA Ó SEU FIN! Un curso diferente a todos os demais, posto que non puidemos rematalo como nos gustaría por motivo da COVID-19, tendo que trasladar a escola ós fogares das nosas familias, e aínda que tratamos de estar presentes virtualmente, e os nosos alumnos/as traballaron moitísimo nas actividades que fomos propoñendo,  faltaba o máis importante, os COMPAÑEIROS/AS, tan fundamentais nesta etapa educativa, a relación entre iguais. Pero tamén faltaban os MESTRES/AS, porque aínda que estivemos presentes virtualmente a través de mensaxes, envío de propostas semanais, correos, videochamadas...non foi o mesmo. 

En definitiva, a todos os nenos/as, mestres/as e familias, faltábanos a escola, un espazo que vai máis alá da mera transmisión de contidos. 

Durante estes últimos días estivemos a preparar os traballiños dos nosos alumn@s e outras sorpresas, que viñeron a recoller ás escolas coas súas familias.




Para todos os mestres/as do CRA de Valga, os nosos alumn@s son os nosos superheroes e superheroínas!! Por iso fixemos unhas medallas personalizadas para cada un deles!!



Elaboramos ademais as ORLAS de cada AULA.








Pero é o momento de rematar o curso, e como todos os fins de curso, tamén chegan as despedidas! Tócanos despedir os “nosos maiores” que acaban a etapa de Educación Infantil!




Durante 3 cursos, vimos como foron medrando, e non só fisicamente, se non tamén na construción das súas aprendizaxes. E como non podemos despedilos coa gran festa que se merecen, decidimos facer a tradicional orla e tamén un vídeo recordando os 3 cursos que vivimos con eles, imaxes que LEMBRAREMOS SEMPRE e LEVAREMOS NO NOSO CORAZÓN !!❤️❤️ 
MOITA SORTE NA NOVA ETAPA que comezan para tod@s eles, BOTARÉMOSVOS MOITO MOITO DE MENOS! E ás súas familias, moitas grazas por formar parte da nosa comunidade educativa.






Aquí vos deixamos a nosa REVISTA BULE-BULE, con contidos dalgunhas das actividades feitas ó longo do curso! 👇👇





Ó resto dos nosos alumn@s vémonos en setembro con máis forza e ganas que nunca!!

DENDE O CRA  DE VALGA QUEREMOS DESEXARVOS A TODOS/AS UN BO VERÁN!!

Comentarios