5 de XUÑO - DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE




Como sabedes, este curso tratamos de concienciar as nenas e os nenos sobre a importancia da redución do consumo de plástico.

Deixamos aquí👇 un vídeo sobre como afecta o plástico ao medio mariño e ás especies que viven nel. 
Agardamos que vos guste!

E vós, como evitaríades que o problema do plástico vaia a máis? 
Seguro que tedes algunha idea para coidar o planeta
A nós, ocórrensenos estas dúas: 
  • Utilizar material de refugallo para facer cousiñas chulas coma esta:

  • Facer unha plantación, nunha embalaxe que iría ao lixo se non lle déramos outra opotunidade:

Tamén podedes xogar a depositar os distintos residuos no colector correspondente. Xa o facíamos na escola. Agora, a facelo na casa tamén😉!
XOGO

  E lembrade!!! Agora que temos que usar máscaras e luvas para protexernos, debemos depositalas no colector verde!


Coidádevos e coidade do planeta!
















Comentarios