SEMANA 6 DE RETOS!

Velaquí o PADLET E A 6ª SEMANA DE RETOS!


https://padlet.com/cradevalga2/s2ustgsacp8sgnt1




Esta semana queremos celebrar convosco a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. Aínda que no C.R.A. de Valga todos os días son en galego e en defensa do galego, queremos visibilizar este 17 de maio,  por iso os retos desta semana van dedicados á nosa lingua e cultura.

     [Ilustración: Leandro Lamas]





INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA 
PARA REALIZAR OS RETOS

📢RETO LUNS 18 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Botádelle unha ollada 👀 á páxina
👆 Aí podedes atopar unha boa colección de arte galega!


📢RETO MARTES 19 DE MAIO: QUEN É RICARDO CARVALHO CALERO?
Hoxe traémosvos un xogo para que descubrades algunha cousiña máis sobre o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero. Premede no enlace e probade a ver que descubrides sobre don Ricardo! 👴



📢RETO MÉRCORES 20 DE MAIO:  DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS
Aproveitamos o paseo para reparar onde apousan as abellas 👀? Logo podedes recoller esa(s) planta(s) e catalogala(s) ☝? Aquí vos deixamos o modelo para que poidades facer o voso propio herbario. Se non vos é posible imprimilo, tamén podedes facelo a man. Logo compartídelo connosco?


Podedes descargar aquí o modelo 👇



E se queredes construír a vosa abella, aquí vos deixamos algunhas ideas 🙇





📢RETO XOVES 21 DE MAIO: 💧💧💧 AS PITAS BAIXO A CHOIVA 💧💧💧
Se queredes ler o conto que escribiu Ricardo Carvalho Calero para as nenas e nenos, premede aquí 👇

Tamén podedes escoitar algunhas cancións que vos poden inspirar para facer o voso propio conto ou acompañalo. 👏👏



Comentarios