MATRÍCULA CURSO 2020-21



 

O día 11 de maio  abre o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o alumnado que desexe matricularse no curso 2020-21. Presentámosvos un cadro resumo dos prazos:



       DATA                 TRÁMITE
Do 11 ao 18 de Maio
Prazo de presentación solicitudes de admisión (Alumnado novo)
Antes do 9 de Xuño
Publicación de listaxes provisionais
Antes do 26 deXuño
Publicación das listaxes definitivas
Do 1 ao 10 de Xullo
Formalización de matrícula.






Os/as alumnos/as que desexen matricularse presentarán os seguintes documentos:
  • Impreso de solicitude de admisión ED550B (descargar aquí ou facilitado nas escolas do CRA).
  • 3 fotos de carnet.
  • Fotocopia do libro de familia
  • DNI alumna/o(se o ten).
  • Certificado médico de vacinación e de non padecer ningunha enfermidade infectocontaxiosa. (Non é necesario que sexa en papel oficial).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a. 
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, no seu caso.  



PRAZO DE SOLICITUDES: Do 11 ao 18 de MAIO (Escola de Campaña) no seguinte horario


                         Luns a Venres de 10:00 a 13:00
 

- Sempre que sexa posible pedir cita previa nos tlfs: 886151724 / 695791020 para evitar aglomeracións.
- As persoas interesadas accederán ao centro con luvas e mascarilla. (Só accederá unha persoa). 
- Poden presentar a solicitude tamén de forma telemática mediante a aplicación ADMISIONALUMNADO.


Para calquera dúbida ou consulta, contactádenos nos teléfonos: 886151724 / 695791020 ou no enderezo: cra.valga@edu.xunta.es 

ENLACES DE INTERESE:
FORMULARIO DE ADMISIÓN: descargar aquí
APLICACIÓN PARA REALIZAR O TRÁMITE: ADMISIÓNALUMNADO
LEXISLACIÓN POLA QUE SE REGULA O PROCESO:  
Decreto 254/2012 de 13 de decembro polo que se regula a admisión de alumnadoOrde de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado e Orde de 25 de xaneiro do 2017 pola que se modifica a anterior.

Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020


 RECORDADE: 

SOLICITUDES DO 11 AO 18 DE MAIO

Comentarios