2 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR


Hoxe, 2 de maio,  celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Desde idades temperás toda a comunidade educativa temos que prestar atención a posibles sinais que indiquen que un alumno ou alumna está sendo vítima de acoso escolar ou bullying e actuar segundo o Plan de Convivencia e o Protocolo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar de cada centro educativo.
No C.R.A. de Valga queremos homenaxear este día coa visualización dunha curtametraxe, LOU, de Pixar. Agardamos que vos guste e nos invite a reflexionar.



Comentarios