STORYTIME!

Lembrades cando Sophia nos contaba un conto na escola? 
 


 

Pois hoxe quere contarvos un conto moi especial: Green Egss and Ham
Pero antes, xa sabedes, temos que prepararnos:
Open your ears, close your mouth and pay atention to the story...

              Esperamos que o difrutárades tanto coma nós preparándoo!!!


EASTER IS COMING!!!

Ademais do conto que vimos de escoitar, queremos facervos un par de propostas para a Pascua. Parece que foi que onte cando estabamos a comer as uvas e, dentro de nadiña, a Pascua estará aquí! Nos países de fala inglesa, nese tempo, teñen unha tradición ben curiosa: the Easter egg hunting.


 
Trátase de agochar ovos (que poden ser de galiña, previamente cocidos, de chocolate, etc.) pola casa, polo xardín, pola horta, etc... e atopar o maior número posible. A que soa divertido?
 

As variantes son moitas: o máis sinxelo sería que uns agochasen os ovos e que outros os buscasen. Pero tamén podemos complicalo e facer unha especie de xogo de pistas, con carteliños que nos vaian guiando ata agocho dos ovos.

Tamén podedes facer os vosos propios ovos de Pascua.
Usade o que teñades a man: por exemplo, patacas! Si, si. Lestes ben! PATACAS!

 No vídeo, tedes explicado como facelo:  


A que nunca diríades que as patacas pintaban? 

Anímovos a probar. Iso si, tratade de facelo en inglés: repasando as cores, por exemplo...
Tedes moitas outras opcións...



Botádelle imaxinación e a disfrutar!!!





Comentarios