REMATOU O 2º TRIMESTRE

Estimadas familias:

   Hoxe remata o segundo trimestre no CRA de Valga. Dende fai uns días a actividade nas aulas do CRA está parada, non así nos vosos fogares. Nestas últimas semanas comprobamos a implicación máxima que tedes no proceso de desenvolvemento persoal das vosas nenas e nenos. Todas as mestras/es do CRA nos sentimos moi motivadas/os á hora de propoñervos actividades dada a boa acollida que tiveron nos vosos fogares.
   Despois deste pequeno período de repouso de Semana Santa retomaremos a actividade educativa con moitas novidades. Vémonos pronto.




Un saúdo
Cra de Valga 

Comentarios