MÚSICA NA CASA



Estimadas familias, desde o C.R.A. de Valga queremos recomendarvos  novamente unha serie de recursos musicais para xogar e gozar  durante estes días na casa.


Primeiro propoñémosvos unha canción para facer unha viaxe musical moi especial. Só precisades ter cascos conectados ao móbil/tablet/ordenador, ollos pechados e un sitio no que vos poidades tombar.









A continuación, para mover todo o corpo en harmonía, podedes repasar e ensinarlle a toda a familia o baile da Carrasquiña.








Mais para esta semana temos unha nova proposta para aumentar o voso estudio musical. Cun pouco de paciencia e a axuda de toda a xente da casa podemos construír un pau de chuvia cunha sonoridade máxica:



Para rematar, deixámosvos unha ópera de W.A.Mozart para ver relaxadamente no sofá e gozar dun conto xa coñecido por todos e todas.

                                                               
     
                                             http://operaenfamilia.com/


Unha aperta forte,

C.R.A. de Valga

Comentarios