INICIAMOS AS SEMANAS DE RETOS!

Bo día! Comezamos o 3º Trimestre coas pilas cargadas e con moitas ganas de presentarvos a nova dinámica que seguiremos. Estreamos unha nova proposta de retos que esperamos que vos guste e vos anime a compartir as vosas actividades con toda a comunidade educativa. Pero... en que constiste? 

👉1º Cada luns presentaremos unha SEMANA DE RETOS, composta de 5 retos (un para cada día lectivo). Os retos versarán sobre distintos ámbitos, temáticas e tamén conmemoracións. Así, faremos actividades variadas ao longo da semana (música🎵, arte🖌, lóxico-matemática📐, psicomotricidade🏃, inglés, literatura📚, etc.).

👉2º Animádevos a realizar o reto diario que vos propoñemos e canto máis creativo sexa, mellor!

👉3º Unha vez realizado o reto, sacádelle unha foto 📸 e subídea ao programa Padlet, que nos servirá para compartir con todos e todas as actividades feitas na casa, se vos apetece, e tamén para ver as dos demais. É moi doado: 
  • Clicade → aquí ← ou na imaxe que segue e accederedes a un panel.
  • Clicade no símbolo  + de cor rosa (abaixo á dereita) e abrirase o voso espazo para subir a foto. Clicade no símbolo da frecha ↥ para acceder ao voso arquivo.
  • Elixides a foto e listo!! Xa tedes a vosa foto no panel, onde compartiremos e veremos todas as nosas creacións!


https://es.padlet.com/cradevalga/Bookmarks


Explicado o procedemento que seguiremos a partir de agora, xa podemos presentar a SEMANA 1 DE RETOS. Queredes xogar con nós? Pois mirade 👀 o tema de hoxe e buscade a inspiración dentro de vós. Velaquí vai:





INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA PARA REALIZAR OS RETOS:
RETO DO LUNS 13 DE ABRIL DE 2020
DÍA INTERNACIONAL DO BICO
"Un bico porque sí"
Poema de Antonio García Teijeiro




RETO DO VENRES 17 DE ABRIL DE 2020
DÍA INTERNACIONAL DO CICLISTA (15 DE ABRIL)
DÍA MUNDIAL DA BICICLETA (19 DE ABRIL)

https://www.pinterest.es/pin/360850988895612602/




Comentarios