DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

   O día 7 de Abril celébrase o día mundial da saúde. Dase a casualidade que este ano a Organización Mundial da  (OMS) adicao ao persoal de Enfermería e Partería


   Dende o CRA de Valga queremos rendir homenaxe a este colectivo de heroínas e heroes enviando unha mensaxe de agradecemento polo seu traballo diario. Tamén agradecemos ao resto de persoal sanitario que vela e traballa arreo para revertir a situación na que nos atopamos. 

   Sodes un exemplo a seguir e cremos que o maior recoñecemento que pode ter un colectivo é que as nenas e nenos soñen con chegar a formar parte del.





 Como proposta para o alumnado presentámosvos un maletín con instrumental médico que podedes construír no voso fogar. Podedes reutilizar caixas de medicamentos, debuxos, botes,  e outros materiais que teñades no fogar. Todo ten cabida nesta tarefa de xogo simbólico.


 

Un saúdo

C.R.A. de Valga

Comentarios