RECOMENDACIÓNS DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN


Nestes momentos de incertidume no que nos atopamos, as principais recomendacións , sobretodo para as persoas adultas, sería que intenten, na medida do posible, crear na casa un ambiente de seguridade e protección, no que os nenos e nenas, dependendo da súa idade poidan expresar o que sinten, ben falando, ben a través do xogo ou do debuxo.

Podemos tamén intentar adaptar certos xogos de exterior que lles gusten ao interior, sei que isto nun piso é complicado pero debemos intentalo, por exemplo: pequenas carreiras, saltos para liberar tensión, xogar  a “baloncesto” cunha bola de  papel tratando de encestalo en calquera cousa que teñamos disponible… en definitiva, aproveitar calquera das cousas que teñamos ao redor para o xogo, deixar tamén que xoguen libremente, sen interferencias dos adultos.

Propoñerlles  tamén que participen, na medida das súas posibilidades nas actividades da vida diaria, actividades de tipo sensorial como pode ser amasar, xogar con diferentes texturas fariña, líquidos, legumes…

Salientar por outra banda que  debido ás circunstancias actuais poden ser frecuentes nos nenos e nenas as regresións, que son a volta a un estadio anterior do desenvolvemento, esto fano sin darse conta, de xeito inconsciente e debemos acompañalas, non debemos reprendelos por iso, simplemente están buscando seguridade e confianza. Estas regresións non van a interferir no seu desenvolvemento. Algúns exemplos: pedirnos que os vistamos cando xa saben facelo, falar como cando eran máis pequenos, estar todo o día pegados a nós,.. simplemente que saibades que é algo normal e que debemos intentar acompañalo do mellor xeito posible.

Por último simplemente recordar que as crianzas teñen unha gran capacidade de adaptación e a nosa misión como adultos, neste complexo momento, debe ser a de aportarlles seguridade, confianza, calidez e sostén emocional.

As circunstancias polas que estamos pasando, todos e todas, son complicadas pero tentemos que os pequenos pasen este tempo do mellor xeito posible.

Ánimo e unha forte aperta a todas as crianzas e ás familias.

Pablo Alvar

Comentarios