PROPOSTA IV: ACTIVIDADES DE ARTE

A través da educación artística trabállase a creatividade, a imaxinación, a motricidade fina..., e sérvelle ó alumnado para expresar emocións, pensamentos, observacións ou transmitir mensaxes. Para conseguir captar a atención dos nenos e nenas é importante empregar diferentes tipos de materiais, por iso a continuación se propoñen algunhas actividades que implican a manipulación de materiais que temos na casa de xeito cotiá:

*Creacións artísticas con pompas de cores.




*Pintamos con bastonciños.


*Estampación con plástico de burbullas ou materiais de refugallo.



*Estampación con froitas e verduras.




*Debuxamos con bastonciños sobre unha bandexa de porespán.


*Creación de cadros con escuma de afeitar e colorante alimentario.


*Creacións con vaporizadores de diferentes cores.


* Debuxamos soprando con palliñas

* Elaboramos cadros con pelotiñas que rodan.





* Tinguimos arroz, pasta... con pintura ou colorante:


* Grafismo creativo como os obradoiros e técnicas de Hervé Tullet.



Resultado de imagen de grafismo creativo




* Creamos un pequeno cartel para poñer nunha das ventás da casa para invitar á xente que o vexa a non saír á rúa e así axudar a que o Coronavirus non se extenda.


Mais podemos facer moitísimas cousas máis. Só temos que poñer as nosas cabezas a traballar! Podemos botar man de diferentes materiais (cartón, revistas, xornais, papeis de cores, elementos da natureza...), empregar diferentes técnicas (puntillismo, estampado, collage, salpidado...), utilizar diferentes soportes (folios, cartóns, tea, vidro...) e tamén podemos usar diferentes materiais para pintar (témperas, pinturas de dedos, rotuladores, ceras, xices...), así poderemos facer creacións moi diferentes!








Comentarios