Propostas I: actividades de iniciación á lectoescritura



Podemos aproveitar o día a día para que os pequenos e pequenas vaian escribindo pequenos textiños que teñan significado para eles/elas:
  • Poden escribirlle unha pequena carta, unha mensaxe ou un e-mail a algunha persoa que boten en falta.
  • Se tedes que ir mercar algúns produtos, poden escribir a listaxe da compra. Tamén poden facela con recortes de publicidade de supermercados.
  •  Se preparades un biscoito, poden escribir o nome ou a receita.
  •  Se tedes tarefas pendentes, poden facer a listaxe.
  •  Traballar cos días do calendario e, por exemplo, nomear palabras que comecen polo mesmo fonema que o día de hoxe (/ɭ/ de luns: lúa, león, luz...).
  •  Xogar ao bingo das letras.

Resultado de imagen de bingo das letras infantil

Tamén poden escribir os seus nomes, o doutras persoas próximas ou outras palabras, de diferentes maneiras:

  • Con lapis, bolis ou rotus.
  • Con letras de sellos, se tedes na casa.

  • Con letras de xornais ou revistas. Terán que buscar as letras que compoñen o nome ou palabra, recortalas e logo pegalas nun folio, cartolina ou libreta.
  • Con letras móbiles, se tedes (tamén podedes improvisar unhas empregando cartóns que teñades polas casa, papel, pinzas de madeira ou tapóns de bricks).






  • Trazando as letras en area:


En canto á lingua oral, ademais das moitas conversas que manteredes ao longo destes días, poden:

  • Xogar con disfraces.
  • Cantar cancións.
  • Xogar ás adiviñas, recitar trabalinguas e/ou adiviñas.
  • Xogar a xogos sonoros ou de rimas (de dedos, coas mans…)
  • Chamar por teléfono a algún/nha compañeiro/a, incluso mediante videochamada.
  • Facer teatro.




Animámosvos a que realicedes estas actividades na casa, así coma outras que vós queirades e nolas enviedes mediante as canles de contacto coas escolas, que vos lembramos a continuación:


Comentarios