COMO COMEZAR A REALIZAR AS ACTIVIDADES QUE IMOS PROPOÑER?

Debido ás circunstancias especiais nas que nos atopamos en canto á pandemia de COVID-19 (CORONAVIRUS), e de acordo ás instrucións establecidas pola Consellería de Educación ó respecto, o Equipo de Profesorado do C.R.A. de Valga iremos propoñendo unha serie de actividades neste BLOG clasificadas por temáticas, que podedes facer no eido familiar durante estes días.

É moi importante establecer unha rutina, que os nenos e nenas manteñan os hábitos acadados; isto ofreceralles seguridade nestes días inusuais. Podemos comezar elaborando un horario que seguiremos ó longo destas semanas. Poden elaboralo eles mesmos, escribindo as diferentes actividades e hábitos que realizarán cada día, debuxándoos ou empregando pictogramas como temos en moitas aulas (fai clic para acceder á web ARASAAC de pictogramas). Tamén podedes adaptar o horario das actividades que realizamos en cada escola, na medida do posible.

Algúns exemplos:


NOTA: o horario que se ofrece é un modelo, unha proposta. Elaborade un horario propio, que se adapte ás vosas propias rutinas. Por exemplo, podedes organizar toda a mañá con actividades, e deixar a tarde para xogo libre, ou organizar unha actividade pola mañá e outra pola tarde... Se almorzades tarde quizais non precisedes merenda de media mañá.

A partir de agora, iremos publicando por bloques e temáticas (lectoescritura, literatura, música, arte...), exemplos de actividades que podedes realizar.

Ánimo! 💪💪💪💪💪💪💪💪

Comentarios