PROPOSTA X : AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL.

A etapa da Educación Infantil é considerada a máis importante para a adquisición de hábitos e rutinas. A asunción de pequenas responsabilidades no fogar adaptadas ó seu nivel de desenvolvemento contribuirá a mellorar a súa autonomía. Así que... que actividades ou tarefas poden facer os peques estes días (e sempre) nas casas? Aquí vos deixamos algúns exemplos:

- Realización de hábitos diarios: vestirse, asearse, peitearse, preparar a merenda, lavar os dentes despois de cada comida, recoller os xoguetes...





- Lavado de mans con auga e xabón a miúdo.

Resultado de imagen de el juego del coronavirus

- Colaborar nas tarefas do fogar (poñer a mesa e recollela, tender a roupa, facer a cama, varrer...).




- Coidado do horto e animais: facer plantacións, regar as plantas da casa e dar de comer ás mascotas.


                                     


- Hábitos de alimentación saudable: Nos momentos do almorzo, comida e cea, que sexan capaces de sentarse correctamente e que intenten comer por sí mesmos. Tamén é importante que comprendan a necesidade de levar a cabo unha alimentación saudable na que primen as verduras e as froitas así como o peixe e a carne. Na medida do posible, sería moi positivo implicar ós nenos e nenas na elaboración dos menús e na preparación dos mesmos (por exemplo: se se van a preparar unas xudías con ovos e patacas eles/as poden lavar as xudías, contar as patacas e os ovos que  fan falta en función dos comensais...).



A pirámide da alimentación tamén pode axudarnos nestas tarefas! Podendo incluso elaborar a nosa propia pirámide coloreando os debuxos ou recordando en folletos dos supermerdados.



Deste xeito, e tendo en conta o que se precisa na casa para facer a comida do día, pódese facer, coa axuda dos máis pequenos/as, a lista da compra. Podemos axudarlles a escribir ou recortar en folletiños as cousas que se queren mercar.



Non cabe dúbida alguhna que a cociña é un dos lugares favoritos de todos os nenos e nenas xa que supón unha fonte de recursos e diversión coas súas familias moi importante, por iso vos animamos a que fagades cos máis pequenos/as da casa receitas de cociña saudable como por exemplo ensaladas, pasta ou arroz, pero tamén postres como macedonias, biscoitos, rosquillas ou calquera outra que se vos ocorra, de seguro que propostas non vos van faltar.
                                          
                                 
                                             

- Recoller reciclando: despois do divertido que é cociñar e saborear as preparacións non debemos esquecer a importancia que ten non só limpar senon tamén recoller e colocar cada cousa no seu sitio. Co lixo facemos o mesmo, dependendo do material do que nos imos a desfacer os nenos e nenas deben saber a qué cubo debe ir ese material.



- Ordenar a propia roupa: Tamén poden axudar na casa ensinándolles a emparellar os seus calcetíns ou dobrando roupa miúda. Tarefas como gardar a súa roupa limpa no armario e colocala onde corresponda, ou poñer a roupa sucia no cesto para ese fin, fainos conscientes da responsabilidade que deben ter en canto ás súas cousas.


Lembrade, que algo tan importante como que os nenos e nenas asuman pequenas responsabilidades libres de estereotipos de xénero é que nós actuemos como exemplo, pois os cativos e cativas son verdadeiros imitadores. Será máis doado que aprendan por imitación en estas idades temperás que mediante a instrución en etapas posteriores.
                                              

Comentarios