Estimadas familias, desta volta queremos recomendarvos unha serie de recursos musicais para traballar durante estes días na casa.
Na canle de Sonárbore, en Youtube, podedes cantar e mover o esqueleto con moitas das vosas cancións preferidas.
Logo, para descansar o noso corpo podemos repasar algúns dos contidos musicais dos últimos meses:
-Neste enlace poderemos aprender as notas musicais aumentando progresivamente a dificultade do xogo.
-Descubrindo o tipo de sons, aprenderemos aspectos moi importantes para a interpretación musical.
-E para facer unha actividade en familia, deixámosvos unha páxina web cunha morea de propostas de construción de instrumentos. Para inagurar o noso estudio musical podemos empezar cunhas maracas que podemos elaborar con materiais dos que xa dispoñemos na casa. Compartide as vosas maracas con nós, se vos presta!
Cantade, tocade e bailade para que estes días na casa sexan máis divertidos.
Comentarios
Publicar un comentario