PROPOSTA DE ACTIVIDADES V: ENGLISH IS FUN!

ENGLISH IS FUN!!!

Desde a Área de Inglés tamén queremos facilitarvos actividades que poidan realizar os nenos e nenas na casa, de forma sinxela e sen precisar a axuda dun adulto (pois entendemos que, segundo as circunstancias de cada familia, isto non sempre será posible).

Ao longo deste trimestre, estivemos a traballar os animais, tanto os domésticos coma os salvaxes. Aproveitamos este bloque de contidos, tan atractivo para eles e para elas, para traballar os seguintes conceptos:
  • o nome dos animais
  • o son que produce cada un deles: moitos son diferentes en galego e en inglés. Probade a preguntarlles aos vosos fillos e ás vosas fillas sobre isto. Seguro que vos sorprenden coas súas respostas!
  • as partes do corpo: head and face (eyes, ears, nose, mouth, tongue), arms, legs, tail...
  • os números: one tail, two eyes, four legs...
  • as cores: describindo os diferentes animais e as partes do corpo...
Na aula, traballamos todo o anterior apoiándonos en diversos recursos: cancións, contos, xogos, algunha ficha... A seguir, dividiremos as nosas propostas en tres grandes bloques, tal e como adoitamos facer nunha sesión de clase nas escolas:

SONGS 

Existen en Internet moitísimas páxinas onde podedes atopar cancións que poidan resultar atractivas para os vosos nenos e as vosas nenas. Unha moi útil e que recolle unha ampla variedade é a seguinte: 


Precisamente pola ampla variedade que tedes á vosa disposición, seleccionei algunhas que eles xa coñecen, por telas traballado na aula, e outras que son axeitadas á súa idade e que se adaptan ao bloque temático que estamos a traballar, neste caso, os animais.

  •  BABY SHARK 

  •   FIVE LITTLE MONKEYS

  • OLD MACDONALD HAD A FARM

STORIES

Outro recurso que utilizamos na aula é o conto. Podemos escoller o formato tradicional, en papel, ou tamén podemos optar por audiocontos ou contos en formato vídeo. Tal e como acontece coas cancións, tedes milleiros en YouTube, pero por se vos facilita o traballo, aí vai unha selección dos que me parecen máis axeitados para eles e para elas. 

O primeiro conteino na meirande parte das escolas e, nalgunha, mesmo viron o vídeo tamén. De calquera forma, non vos precoupedes, xa sabedes que nisto do inglés, cantas máis veces se escoite, ou vexa neste caso, moito mellor!!! 
  
  • THE  THREE BILLY GOATS 
 
 
  • THE MIXED-UP CHAMELEON

  • THREE LITTLE PIGS

GAMES 

Tal e como comentaba para as canción, na rede tedes moreas de propostas para xogar, en inglés!
Pero para concretar e facervos máis doada a búsqueda, velaí vai unha web ben completa:


Dependendo da idade e do nivel de inglés, podedes utilizar unha ou outra. Pero para comezar, podedes probar con ARCHIE´S WORLD.




O nivel máis baixo é o STARTER (S).




Unha vez dentro, as posibilidades son varias: tan só temos que deixarnos guiar polo menú da aplicación, segundo nos interese un contido ou outro. Por exemplo, se pinchades en GAMES, podedes comezar polo marcados na imaxe, para reforzar o vocabulario visto na aula.

Pero como estamos no bloque de GAMES, convídovos a que probedes a facer os vosos propios xogos. Nestas idades xa sabedes que lles gusta moito emparellar, clasificar, buscar as diferenzas...

Por exemplo, para repasar as cores en inglés, podemos utilizar a proposta que vos fixeron as titoras do ARCO DA VELLA (rainbow) e pedirlles que sinalen cada unha das franxas do arco da vella e que digan a súa cor en inglés. 

Tamén podedes facer memory games coa axuda dos vosos fillos e das vosas fillas. É moi doado!





 
Os debuxos poden ser da tamática que queirades traballar: cores, fomas, animais, froitas, etc. E mentres fan as tarxetas para poder xogar, podedes aproveitar para repasar as cores, grande (big)/pequeno (small), os números, etc. Outra opción é sacar partido de xogos que xa temos na casa, pero utilizalos en inglés. Por exemplo, se xogamos á Oca, podemos contar en inglés.

Lembrade que todas as propostas son simplemente iso, propostas. A intención é que os vosos fillos e fillas pasen un tempiño divertido co inglés. Porque se mentres aprendemos, nos divertimos, entón non esqueceremos o aprendido.










Comentarios