DÍA MUNDIAL DO TEATRO


Para celebrar este día tan especial, desde o CRA de Valga preparamos as seguintes propostas para as vosas fillas e os vosos fillos:

 
Lembramos aquí algunhas achegas feitas en días anteriores: 
  •  Teatro de sombras: podemos elaborar o noso propio teatro de sombras cunha caixa de cartón ou unha caixa da froita e papel branco. As marionetas podemos facelas con cartolina negra e uns pauíños que teñades pola casa.
  • Representar un conto con monicreques e teatriños que podedes construír.

Os monicreques poden facerse con debuxos das nenas e dos nenos, con materiais de refugallo, con bonecos que teñan pola casa, aproveitando as personaxes das caixas de galletas, cun calcetín desparello...


  •  Facer un monicreque cun calcetín


Como vedes, as posibilidades son moitas, só tedes que pór a funcionar esas cabeciñas e botarlle mooooita imaxinación!
 
Tamén queremos compartir con vós as obras que algunhas compañías poñen á nosa disposición, para gozar do teatro estes días na casa:


BERROBAMBÁN
Esta compañía pon á vosa disposición esta obra, pero en horario limitado: 
poderedes vela os martes, xoves, sábados e domingos, de 11h a 18h.

Neste caso, as propostas son en castelán. Convidámosvos a ver esta obra, en particular, da compañía Iru Teatro, pola plasticidade do espectáculo: o contraste entre as cores vivas e o negro do fondo, pode resultarlles moi atractivo ás nenas e aos nenos.

IRU TEATRO NEGRO


INAEM

O Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música tamén nos ofrece múltiples posiblidades para o público infantil. Curioseade polo menú "Teatro para la infancia" e deixádevos levar.
 
Todas as anteriores son propostas para ver obras de teatro comodamente, desde o sofá da nosa casa, para ese momento de descanso, na sobremesa... Pero o realmente estupendo, sería que as nenas e os nenos creasen as súas propias obras: deseñar o vestiario encántalles, pensar nos diálogos das personaxes, buscar materiais e espazos para facer o escenario... 

Agardamos que disfrutedes das propostas e que gocedes do teatro e das posibilidades que nos ofrece ao longo de todo o ano!

Comentarios