CONTAR E CONSTRUíR, TODO É EMPEZAR

Este xogo consiste en construír unha torre xigante ca axuda dun DADO e PEZAS DE CONSTRUCIÓN ou OUTROS OBXECTOS (libros, corchos, pinzas, caixas...)

1.-  LANZAMOS O DADO
2.-  COLOCAMOS O NÚMERO DE PEZAS QUE NOS TOCOU, TODAS DA MESMA COR
3.- SE XOGAMOS CON OUTRA PERSOA, ESTABLECEMOS QUENDAS.
4.- CONSTRUIMOS A TORRE MÁIS ALTA POSIBLE, E SE CAE... NON PASA NADA, VOLVEMOS A EMPEZAR.
 
 
.
      VARIANTE DO XOGO con REPRESENTACIÓN GRÁFICA: Cando logramos facer unha torre de 10 a 15 a pezas, por exemplo, podemos debuxala e pintala. Afiando a capacidade de contar e de sumar. 
     VARIANTE DO XOGO con SUMA: Cada vez que se colocan o número de pezas que saen no dado, contamos todas as pezas da torre, dende a primeira peza, comprobando cal é a torre máis alta (e con maior nº de pezas) que conseguimos facer ao longo do xogo.
     VARIANTE DO XOGO con outros OBXECTOS: Proba a xogar con calquer outros obxecto que poidas colocar facendo unha torre, por exemplo, con libros, corchos, caixas... calquera obxecto que poidas colocar en torre, verás que divertido!

XOGO e REPRESENTACIÓN GRÁFICA

VARIANTE DO XOGO con SUMA

Comentarios