COMPIS, BÓTOVOS DE MENOS!


Queridas nenas e nenos, sabemos que sodes moitas e moitos os que botades en falta os amigos e amigas da escola: xogar con eles/elas aos superheroes e superheroínas, rir, conversar, cantar, berrar, xogar nas cociñas, bailar, saltar, facer comidas nos areeiros, construír castelos… Pero estes días toca estar nas nosas casas. 

Pensamos en achegalos/as un chisquiño máis a vós e, unha maneira de telos/as máis preto, podería ser por medio desta proposta: "Compis, bótovos de menos"

Consiste en facer a silueta dos nenos/as da nosa escola, debuxarlles a cara e logo vestilos/as facéndolles os traxes co que teñamos pola casa: xornais, papeis para reciclar, cartóns, teas... Só tedes que poñer esas cabeciñas a traballar! Animádesvos? 



Como ademais hoxe é o Día Mundial da Síndrome de Down, parécevos se lles poñemos uns calcetíns desparellos aos nosos compañeiros e compañeiras para visibilizalo? 
Logo, se o facedes nestes días, podedes compartilo con nós, se vos apetece. :-) 
P.D.: Nós tamén vos botamos de menos.

Comentarios