É importante que recordedes darlle un carácter lúdico, de xogo a todas estas actividades cando as fagades cos nenos. Desta forma non terán a sensación de estar traballando, senon xogando, e estarán encantados de realizar estas actividades-xogos con vós.
Para fortalecer a musculatura orofacial podedes aproveitar o momento do cepillado de dentes para, diante do espello, abrir moito a boca, sacar a lingua todo o que poida, intentar chegar coa lingua ao nariz, poñer cara de monstro, de susto, de enfado, facer xestos divertidos...

Para traballar sopro e respiración deixo un pequeno vídeo con algunhas actividades que podedes facer na casa.
Son actividades sinxelas e divertidas xa que se trata dun pequeno traballo manual no que se elabora o material que imos empregar para traballar o sopro.
Para traballar a causa-efecto, vocabulario, atención e discriminación auditiva, achegovos unhas apps gratuítas compatibles con iPhone e iPad
Talking Pocoyó
E para o proceso lectoescritor
Leo con Grin
Nesta última só hai unha mostra de proba gratuíta. En todas as opcións tedes dispoñibles as VOGAIS e o L, o resto é de pago.
Animámosvos a que realicedes estas actividades na casa, así coma outras que vós queirades e nolas enviedes mediante as canles de contacto coas escolas, que vos lembramos a continuación:
Animádevos seguro que lles encantan!

E para o proceso lectoescritor
Leo con Grin
Nesta última só hai unha mostra de proba gratuíta. En todas as opcións tedes dispoñibles as VOGAIS e o L, o resto é de pago.
Animámosvos a que realicedes estas actividades na casa, así coma outras que vós queirades e nolas enviedes mediante as canles de contacto coas escolas, que vos lembramos a continuación:

Comentarios
Publicar un comentario