abalarMóbil

Ferramenta de comunicación coas familias: abalarMóbil

Estimadas familias:

Dende o CRA de Valga informámoslles que esta semana engadiremos unha nova canle de comunicación coas familias (AbalarMóbil). Esta aplicación, que xa leva en funcionamento varios anos na Consellería de Educación, ofrece as seguintes funcións:




- Acceso a datos persoais.
- Consulta das cualificacións.
- Consulta e xustificación de ausencias.
- Solicitude de cita de titoría.
- Consulta de datos do centro educativo.
- Consulta de avisos ou notificacións dos profesores ou do centro.
- Consulta de incidencias creadas polo profesorado.

Aplicación:      https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil (Descargala no Play store do móbil / App Store).
Guía de uso:     https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites//espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf

A aplicación está dispoñible para nais/pais e titores legais de todo o alumnado do CRA.

PASOS A SEGUIR:

- Descargar a aplicación abalarMóbil no número de móbil dun dos responsables da alumna/o que foi facilitado ao centro (Descargala no Play store do móbil / App Store).

- Unha vez descargada abrímola e debemos seguir os pasos que nos indica:
- Introducir o número de móbil.
- Introducir o código de 9 díxitos que nos envían ao móbil por sms.
- Introducir unha clave persoal que sexa fácil de recordar.

- Xa se pode acceder á información.


Se algunha familia tivera dificultades para descargar Abalar Móbil pode poñerse en contacto co CRA de Valga:

- Teléfono: 881 15 17 24 / 695 79 10 20
- Correo electrónico: cra.valga@edu.xunta.es

Recordámoslles que este medio de comunicación é complementario e que seguiremos utilizando ao mesmo tempo as existentes ata o momento.



Un saúdo
CRA de Valga

Comentarios