XORNADA DE CONVIVENCIA EN FORNO!!

Hoxe levamos a cabo unha xornada de convivencia na Escola de Forno, na que nos xuntamos todas as escolas do CRA para levar a cabo diferentes obradoiros: de baile, de cociña ( no cal fixemos a merenda: un bocadillo e unha brocheta de froita) e de manualidades, aproveitando para traballar a conmemoración do Día da Paz ( 30 de xaneiro). 
Para o desenvolvmento da xornada, dividimos ós nenos/as en 3 grupos que foron pasando polos diferentes obradoiros, facilitando así o coñecemento, a interacción e a convivencia entre todo o noso alumnado. A continuación das actividades, merendamos todos xuntos e logo aproveitamos un pouco de tempo libre no patio da escola. 
Velaquí vos deixamos algunhas fotiños da xornada de hoxe:

Obradoiro de cociña




Obradoiro de manualidades













Obradoiro de baile





VID-20200131-WA0013 from CRA de Valga on Vimeo.













Comentarios