INICIAMOS UN NOVO PROXECTO!! : INVENTOS E EXPERIMENTOS

Desta volta mergullámonos no mundo dos inventos e experimentos e iniciamos a experiencia explicando nas escolas a base do método científico.
Como a mellor comprensión parte da acción, poñémosnos mans á obra para investigar: que lles pasará a uns claveis brancos se os introducimos en botes con auga de diferentes cores?
As respostas sobre o que pode pasar vai fluindo nas cabeciñas das nosas nenas e nenos con diversas respostas: "van morrer", "seguirán medrando", "van cambiar de cor as follas",...
Aquí vos deixamos unha mostra desta experiencia que, coma todas, ten moitos pensamentos e traballo feito.






Comentarios