EXCURSIÓN A CLESA



Hoxe,  todo o alumnado do CRA de Valga desprazouse ata Caldas para visitar a fábrica de Clesa.
Durante o primeiro trimestre estivemos adicando tempo a traballar o noso proxecto común "AS VACAS" que se pechou con esta actividade didáctica.👦👧

Ao chegarmos á Clesa ensináronnos a zona dos tanques onde se fai a recepción dos camións que traen o leite, etiquetas para envasado, botes etc...👌



A continuación leváronos a unha sala onde Coñecemos a historia dunha vaca moi especial que estaba namorada dun touro.   💕 
 





Dende alí observamos todo o proceso de elaboración de iogures que estaba a acontecer nese intre.



















 E para certificar que o producto estaba apto para ser distribuído decidimos probalo.







 Co deber cumplido emprendemos a viaxe de volta ao CRA onde aínda tivemos tempo de compartir xogos na escola de Campaña.


VÉMONOS NA PRÓXIMA!!!!!😎😎😎

Comentarios