ESTREAMOS NOVA WEB!

O aninovo chega con moitas novidades ó C.R.A. Unha delas é a nova web que hoxe vos presentamos, na que atoparedes toda a información do noso centro actualizada. Nela poderedes acceder a aspectos como a listaxe do profesorado que formamos parte do Claustro, os datos e localización 🌍de cada escola, calendario de merendas saudables 🍎, recomendacións lectoras 📖, ou os últimos números publicados da revista escolar. Apostamos por un deseño sinxelo, que permita unha navegación rápida e doada a calquera membro da comunidade educativa. Podedes acceder a ela mediante o enlace:
http://www.edu.xunta.gal/centros/cravalga/  ou clicando na imaxe.
Agardamos que vos guste e vos sexa de utilidade!
Outra das novidades coas que contamos en todas as escolas, é a adquisición de novos móbiles (smartphones 📱) que nos permitirán desfrutar das novas formas de comunicación e contacto coas familias e tamén entre as escolas. Tomade nota 📝 , porque estes son os novos números de cada escola:

Como vedes, este curso propuxémonos que a innovación e as novas tecnoloxías formen parte dos nosos sinais de identidade como centro educativo. Na procura deste obxectivo, estamos a dotar as aulas de novas ferramentas e materiais TIC que veredes 👀 proximamente.

Comentarios