QUERES SABER QUEN SON LOLO E RITA? DÍA 25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XENÉRO

En 1999 a ONU dou carácter oficial a esta data, como o Día Internacional contra a violencia de xénero. A nosa proposta pedagóxica orientámola a desenvolver actitudes de respecto e tolerancia entre as persoas, sexan ou non do mesmo xénero, adaptando a conmemoración deste día ó alumnado da etapa de educación infantil.

As tarefas que desenvolvemos foron iniciadas co conto TE QUIERO (casi siempre) da autora Anna LLenas, coñecida por outros moitos títulos como "O MONSTRUO DE CORES" ou "VACÍO".

Tras intercambiar ideas e opinións acerca do conto, destacando o que cada un pode facer por agradar un pouco ós demais, creamos as personaxes do conto: LOLO e RITA.



Se queredes escoitar de que trata, podedes ver no vídeo o que nos contan os alumnos de Xanza, e o conto no seguinte enlace:


Aquí podedes ver  a versión en POP-UP, como a que temos no cole:


Ou escoitar a canción no seguinte link:


Comentarios