obaixoulla.gal




Nace o baixoulla.gal, un proxecto colaborativo impulsado pola Asociación Cultural Os Penoucos, que pretende recoller o patrimonio cultural, natural e paisaxístico dos concellos de Valga, Catoira, Pontecesures, Padrón, Dodro e Rianxo. No C.R.A. de Valga estamos moi contentos e orgullosos de que as nosas escoliñas (Chenlo, Campaña, Xanza, Ferreirós, Forno e Vilarello) formen parte do seu catálogo dixital e queremos agradecer ós seus artífices o seu labor. Sen dúbida ten un gran potencial educativo para nós, e seranos de moita utilidade co noso alumnado.


Comentarios