CIENCIA NO C.R.A. DE VALGA!

Co gallo da "Semana da Ciencia" e do "Mes da Ciencia en Galego" en todas as escolas do noso C.R.A. estivemos a facer experimentos científicos. Iniciamos ós nenos e nenas no método científico e nos seus pasos: 

  • Presentación dun problema.
  • Formulación de hipóteses. 
  • Experimentación.
  • E comprobación de resultados.

Algúns dos experimentos que levamos a cabo foron os papaventos/avións e os helicópteros, descubrindo así as propiedades de voo. Tamén experimentamos coas cores tinguindo o sal con xiz. Descubrimos algunhas propiedades do sal, e conseguimos novas cores mesturándoas. 


















Comentarios