CALENDARIO DE MERENDAS SAUDABLES!


Hoxe presentamos o noso calendario de merendas saudables. Con el pretendemos fomentar hábitos alimenticios sans nos pequenos e nas pequenas coa colaboración das familias. Ademais, este curso participamos no Programa RecreoResiduosCero de Teachers for future e no Programa de Voz Natura baixo o lema da erradicación dos plásticos mediante pequenas pero importantes accións que estamos comezando a implementar nas nosas merendas como:

♻️ Emprego de fiambreiras reutilizables, bolsas e panos de tea.
♻️ Eliminación dos botellíns de plástico e uso de dispensador de auga con vasos reutilizables.
♻️ Vaixela reutilizable (pratos, culleres, garfos...) tanto nas merendas coma nos aniversarios.

Estas accións súmanse a outras que xa viñamos realizando como:
♻️ Reciclaxe en diferentes contenedores de lixo (verde, amarelo e azul).
♻️ Emprego do papatapóns para reciclar tapóns con fins solidarias.
♻️ Substitución dos xogos de plástico por materiais naturais.

Por último, este curso tamén participamos no Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra co que nos apuntaremos á compostaxe!


Comentarios