BIBLIOTECAS DO C.R.A. DE VALGA RENOVADAS!!

Como sabedes,  comezamos unha renovación moi significativa nas aulas das nosas escolas (novos sistemas eléctricos, supresión de barreiras arquitectónicas nos accesos ás escolas, renovación de mobiliario, pintura de aulas e fachada, etc.). E as nosas bibliotecas non podían ser menos! Estamos a remodelar a biblioteca da sede de Campaña coa fin de convertela nun ambiente máis acolledor no que incorporaremos o novo teatro de sombras que estreamos polo Samaín. Ademais, todas as escolas do CRA xa poden gozar dos novos empréstitos grazas á nova dotación de libros e contos que nos están chegando. Desexamos que esta selección do empréstito semanal sexa do voso agrado. 

Tamén estamos a preparar moitas sorpresas que achegaremos pronto a todas as casas mediante as MOCHILAS VIAXEIRAS.
Coma sempre, estaremos encantados de recibir todas as vosas suxerencias (que nos sorprenden positivamente) para poder adquirir os fondos que sexan do voso interese e facelos chegar a todas as escolas.
Velaquí vos deixamos algunhas fotiños das nosas bibliotecas!

BIBLIOTECA DA SEDE (CAMPAÑA)




ESCOLA DE FERREIRÓS

ESCOLA DE XANZA

ESCOLA DE FORNO

ESCOLA DE VILARELLO

ESCOLA DE CAMPAÑA

ESCOLA DE CHENLO

Comentarios