CELEBRAMOS O SAMAÍN E MAGOSTO NO C.R.A. DE VALGA!

Como sabedes, vimos de celebrar o Magosto e o Samaín na Escola de Chenlo todo o alumnado e profesorado do noso C.R.A. O tempo non acompañou moito, así que levamos a cabo unha chea de obradoiros terroríficos para amenizar a mañá: 
- Xogos populares con castañas e landras.
- Obradoiro de cociña: brochetas de froita arrepiante (kiwis, plátanos e uvas).
- Manualidades: cabaza de medo.
- Contacontos con sombras: "Monstruosa Sorpresa" (Cubilete).

Tampouco faltou a típica degustación de castañas. Velaquí un resumo do ben que o pasamos!


Todo o Equipo de Profesorado do C.R.A. de Valga queremos agradecer ás familias a súa implicación e participación nesta festividade. Desexámosvos un SAMAÍN DE MEDO

Comentarios