BENVIDOS AO NOVO CURSO 2019-2020!


Chega setembro e con el a volta ao cole. O equipo de profesorado do C.R.A. de Valga quere desexarvos a todos un bo inicio de curso. Lembramos ás familias que o próximo xoves 5 ás 10:00 horas, terá lugar unha reunión na sede de Campaña para as familias dos nenos e nenas de nova incorporación. Deseguido, ás 11:00 horas levaremos a cabo as reunións en cada escola con cadansúa titora para as familias de todo o alumnado do noso C.R.A. 

Á marxe dereita deste blog (na visualización para ordenador), podedes atopar a ubicación da sede e de todas as escolas que forman parte do C.R.A. Para calquera dúbida estamos á vosa disposición en calquera das seguintes canles:
  • Teléfono: 886151724
  • Enderezo electrónico: cra.valga@edu.xunta.gal


OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE (preme co rato para ir ós enlaces):

Comentarios